Tuesday 17 de September de 2024

A Pobra, sede coruñesa da 61ª Regata Rías Baixas


Máis de 40 veleiros completaron neste 15 de agosto a segunda etapa da 61ª Regata Rías Baixas coa súa chegada ao porto da Pobra do Caramiñal.

No Centro Sociocomunitario e de Benestar da localidade ofreceuse un ágape e fíxose a entrega de premios ao primeiro barco clasificado de cada clase nesta etapa con saída de Combarro: ORC 1-2 (Aceites Abril), ORC 3 (Salaño Dos), ORC 4-5 (Squid II), Open 1 (Berlinguiño) e Open 2 (Bodegas Villanueva).

Durante a súa intervención, a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, destacou que o apoio aos deportes náuticos encaixa na estratexia turística que segue a Administración local para a posta en valor do mar. Tamén se pronunciou o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, quen se referiu ao porto da Pobra como unha aposta segura, o cal refrendou coa entrega dunha placa como agasallo.

Esta travesía continuará nos vindeiros días coas etapas A Pobra do Caramiñal-Combarro, Combarro-Vigo e Vigo-Vigo.